Coincidindo co 70 aniversario da
fundación de Editorial Galaxia, a mesma pon a disposición de todos e de todas
en formato PDF, na web da editorial, os 156 primeiros números da revista Grial,
correspondendo os 100 primeiros á etapa dirixida por Ramón Piñeiro e Francisco
Fernández del Riego (1963-1988), e os 56 restantes á etapa dirixida por Carlos
Casares (1989-2002).
E tal como se nos informa, nos
próximos meses poderemos acceder á xeira en que Víctor F. Freixanes e Henrique
Monteagudo (2002-2019) levaron o temón.
Sen dúbida unha
moi boa nova para estudosos do xornalismo galego e da historia máis recente,
mais tamén para nostálxicos ou simplemente para remexer.
Preme na foto para acceder: