Blog do Departamento de Lingua galega do IES Ramón Mª Aller Ulloa
domingo, 4 de novembro de 2018
VI Concurso literario Mª Vitoria Taboada
O Instituto
Ramón Mª Aller Ulloa convoca o VI Concurso Literario Mª Vitoria Taboada de
poesía, relato curto e skecht teatral, dirixido ao alumnado de
secundaria dos centros dezaos.
Preme no cartel, obra da alumna Sofía Gil Madriñán, para ler as bases da convocatoria.
martes, 25 de setembro de 2018
Programación didáctica de Lingua galega e Literatura II. Curso 2018-2019
Xa podedes consultar a Programación didáctica de Lingua galega e Literatura II, 2018-2019, para iso preme aquí.
luns, 18 de xuño de 2018
Sermos poetas 3. 4º ESO. Curso 2017-2018
A seguir o libro-folleto cunha selección de poemas froito do bo facer literario do alumnado de 4º ESO. Para ler con calma e repousar o ánimo.
De novo parabéns para todas e todos.
De novo parabéns para todas e todos.
Videopoemas Sermos poetas 3. 4º ESO B. Curso 2017-2018
Un ano máis o noso alumnado de
4º de ESO mergullouse na marabillosa tarefa de amosar a súa vea creativa a
través da elaboración dun mangado de poemas visuais que a seguir podemos
desfrutar. Os noso parabéns a todas e a todos polo seu ben facer e entusiasmo.
Videopoemas Sermos poetas 3. 4º ESO C. Curso 2017-2018
E esta é a aportación dos alumnos de 4º ESO C
Videopoemas Sermos poetas 3. 4º ESO A. Curso 2017-2018
A seguir a colleita poético-visual de 4º ESO A
domingo, 17 de xuño de 2018
Videopoemas para compartir 3. 2º ESO C. Curso 2017-2018
Xa podemos degustar a colleita poética de alumnado de 2º ESO C, pequena pero intensa. Que vos preste.
luns, 11 de xuño de 2018
Poemas para compartir 3
Xa temos aquí a nova colleita poética, unha achega de alumnado de 2º de ESO C, que non vai deixar a ninguén indiferente; e cunhas ilustracións moi equilibradas canto ao contido dos poemas. Que deesfrutedes da súa lectura!
luns, 30 de abril de 2018
V Concurso literario Mª Vitoria Taboada: os premios
Xa temos
gañadores do V Concurso literario Mª Vitoria Taboada:
Na categoría de poesía a gañadora foi AROA ESPIÑO
GONZÁLEZ polo
conxunto de poemas titulados respectivamente “Inspiración”, “Depresión” e
“Maltrato " por conseguir expresar con precisión e empatía
social a variedade extrema da experiencia emocional humana, dende a esperanzada
felicidade que proporciona a creación artística ata a crueldade que nega
identidades e xera os ocos da depresión.
O xurado outorgou ademais dous accésits:
Un,
ao conxunto de poemas titulados, respectivamente, “Ela pasa”, “Muller” e “Nós
mesmas”, da autoría de NOA GARCÍA DÍAZ, pola contundente e directa denuncia da
violencia sobre a muller, sen renunciar á expresión coidada e orixinal na liña
de actuais formas poéticas vinculadas aos novos medios de comunicación
dixitais.
Outro,
ao conxunto de poemas presentados baixo o lema “Guerra” da autoría de CRISTINA
GUERRA VILA, pola
orixinal fereza e riqueza da linguaxe empregada para expresar, máis alá dos
significados, os vaivéns da paixón amorosa e o absurdo das convencións de
xénero
Na categoría de relato curto resultou gañador ROBERTO AGRA BUJÁN polo relato presentado baixo o lema
“Agra”, polo atinado
xeito en que mestura a denuncia social cos elementos propios do relato gótico.
Nun contexto de crise que afoga o protagonista e a súa familia, o autor sitúa a aquel nunha atmosfera sobrenatural e
aterradora, facéndonos partícipes do seu medo e desacougo.
Nesta categoría de relato curto o xurado considerou
outorgar dous accésits:
1º accésit para SARA GRANJA SANMARTÍN polo
relato titulado “A illa de Ogigia”,
por como reinterpreta o mito clásico
dende a perspectiva de Calipso, como muller vítima do poder.
2º accésit para ALBA LUGO REY por “Contratempos de artista”, polo xeito case cinematográfico que lle
permite ás persoas lectoras visualizar a escena e pola súa riqueza expresiva.
O xurado considerou deixar deserto o premio de sketch
teatral.
O 31 de maio, ás 12:00, terá lugar o acto de entrega
dos premios na biblioteca do instituto.
Preme na imaxe para ler os textos premiados:
luns, 23 de abril de 2018
Teatro e Letras Galegas 2018
O
próximo 2 de maio terá lugar no Salón Teatro de Lalín a representación
da versión teatral que o grupo Limiar Teatro realizou da obra Anagnórise
de Mª Victoria Moreno, autora coa celebramos este ano as Letras
Galegas. A actividade fíxose posíbel grazas á editorial Galaxia e á
aportación económica de alumnado de 3º e 4º de ESO.
sábado, 7 de abril de 2018
5 pezas teatrais de moita valía
Velaquí unha mostra cativa pero intensa do bo facer teatral de alumnado de 2º ESO C. Son cinco pezas de moito valemento, e ilustradas, coas que sen dúbida desfrutaremos da súa lectura.
martes, 3 de abril de 2018
Encontro con Iria Misa
O pasado luns, 26 de febreiro, tivo lugar na Biblioteca do centro un Encontro literario do alumnado de 2º de ESO coa escritora Iria Misa, arredor da súa premiada novela "Xa non estou aquí".
A seguir unha pequena reportaxe gráfica do encontro:
1. Un momento da charla.
2. E dúas instántáneas da sinatura de libros.
A seguir unha pequena reportaxe gráfica do encontro:
1. Un momento da charla.
2. E dúas instántáneas da sinatura de libros.
Microrrelatos e aforismos II
Recuperamos o enlace a issuu da colleita 2018 de microrrelatos e aforismos, grazas ao enxeño do alumnado de 4º de ESO.
Parabéns a todas e a todos por participaren e que desfrutedes da súa lectura.
Benvida
De novo estamos convosco, logo dunha serie de problemas co blog do departamento, o que nos obrigou a abrir un novo blog: Dgalego.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)