Poemas para compartir resultou todo un éxito de participación e as carteiras e os carteiros non daban feito a repatir os poemas rosalianos que unha gran porcentaxe de alumnado dedicou a aquela persoa da comunidade educativa que quixer: compañeiros/as, profesorado, persoal non docente...
Sen dúbida un día moi rosaliano, do que deixamos constancia gráfica, con vídeo e fotos de Daniel Santalla para DZ Dixital:
A caixa do correo na que se depositaron as cartas poéticas
As cartas ordenadas por cursos, ou profesorado ou..., agardando ser repartidas
Carme, impulsora da actividade rosaliana
As carteiras e os carteiros antes do reparto
Entregando o correo para repartir
As cartas poéticas xa case están todas en mas das/dos carteiras/os
Carteiros polos corredores do instituto levando as cartas poéticas
4. Rexurdimente: Vídeo que o grupo De Vacas vén de publicar nas redes sociais ás portas do Día de Rosalía e do 8M. Un encontro entre Rosalía (a nosa) e Rosalía (a outra) en base a "Malamente". A seguir o vídeo:
No marco da celebración do Día da Lingua Materna non está de máis denunciar políticas lingüísticas baseadas no neoliberalismo lingüístico e no uso recesivo das linguas minorizadas e/ou minoritarias como a levada a cabo por Tiktok ao impedir o uso da lingua galega na campaña da Xunta #aculturasegue para fomentar o consumo cultural a raíz do impacto no sector da pandemia. E nin a actitude compensatoria do DígochoEu e quen de modificar a consideración de lingua de segunda para o galego.
A seguir o vídeo censurado por usar a lingua galega:
E para compensar, o fermoso relato (recuperado pola RAG) de Valentín Arias Xeliña fala galego, no que narra a experiencia como nena criada en galego da súa filla Xela Arias, á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
Preme na foto para ler o relato.
Xela Arias e o relato de seu pai, Valentín Arias. Xulio Gil / RAG
Neste 2021, “as comunidades con lingua
cooficial celebran o Día da Lingua Maternaoutorgándolle o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado
Español a Guadi Galego polo seu disco Immersion, que incorpora músicas
cantadas en sete linguas do Estado, para o que conta con colaboracións chegadas
de toda a Península, como Ivan Ferreiro, Ana Bacalhau, Lisandro Aristimuño,
Clara Peya e Judit Neddermann, Andrés Suarez ou Mikel Urdangarin”.