O xurado do VIII
Concurso Literario Mª Vitoria Taboada acordou por unanimidade outorgar os
seguintes premios:
1º premio na categoría de poesía para ANDREA
SEGADE ROZAS polo conxunto de poemas titulados, respectivamente, “Alma
ambulante”, “Soños” e “Aparencias”; por conseguir expresar, coa precisión dunha eficaz linguaxe poética
próxima ao sentencioso, sensacións universais coma o desconcerto ante o paso do
tempo, e os medos e renuncias que nos xera a procura da felicidade.
1º premio na categoría de relato curto a ANA NOVO
CUÑARRO polo relato "Natureza", porque consegue, en
poucas liñas, construír un personaxe fascinante e abordar cunha brillante
metáfora toda unha forma de entender a arte, ou a mesma vida.
Accésit na categoría de relato curto para VICENTE
JOSÉ MOSQUERA VALERO polo relato
titulado "A primeira visita do
Camiñante do Abismo ao seu fogar", por articular en poucas páxinas
(que prometen ulteriores desenvolvementos) un mundo fantástico orixinal, grazas
ao manexo dunha rica linguaxe que crea unha atmosfera de intriga e que atende
con detalle as percepcións e reaccións dos personaxes
O xurado
considerou deixar deserto o premio de sketch teatral.
A entrega de premios terá lugar na Biblioteca
do instituto, o 28 de maio, ás 11:20, nun breve acto, condicionado polas
medidas anti-COVID-19.
A edición do
libro cos textos premiados estará acompañada de ilustracións que realizará o
alumnado do Bacharelato de Artes e que presentaremos no seu momento.
A seguir os textos premiados (o cartel da portada é obra de Sara Capiscol Pérez):
Moitos parabéns!