O venres, 28 de maio, terá lugar o agardado Encontro coa escritora Antía Yáñez por parte do Club de Lectura ao abeiro da lectura das novelas Senlleiras e O misterio de Portomarín, e dentro das actividades conmemorativas do 17M.
Blog do Departamento de Lingua galega do IES Ramón Mª Aller Ulloa
luns, 24 de maio de 2021
Encontro con Antía Yáñez
luns, 17 de maio de 2021
Recitando a Xela
17M
domingo, 16 de maio de 2021
17M : Día das Letras Galegas
17-M
![]() | ||||
| Foto: Xulio Gil (Ed. Xerais) |
venres, 7 de maio de 2021
VIII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada : o veredicto
O xurado do VIII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada acordou por unanimidade outorgar os seguintes premios:
1º premio na categoría de poesía para ANDREA SEGADE ROZAS polo conxunto de poemas titulados, respectivamente, “Alma ambulante”, “Soños” e “Aparencias”; por conseguir expresar, coa precisión dunha eficaz linguaxe poética próxima ao sentencioso, sensacións universais coma o desconcerto ante o paso do tempo, e os medos e renuncias que nos xera a procura da felicidade.
1º premio na categoría de relato curto a ANA NOVO CUÑARRO polo relato "Natureza", porque consegue, en poucas liñas, construír un personaxe fascinante e abordar cunha brillante metáfora toda unha forma de entender a arte, ou a mesma vida.
Accésit na categoría de relato curto para VICENTE JOSÉ MOSQUERA VALERO polo relato titulado "A primeira visita do Camiñante do Abismo ao seu fogar", por articular en poucas páxinas (que prometen ulteriores desenvolvementos) un mundo fantástico orixinal, grazas ao manexo dunha rica linguaxe que crea unha atmosfera de intriga e que atende con detalle as percepcións e reaccións dos personaxes
O xurado considerou deixar deserto o premio de sketch teatral.
A entrega de premios terá lugar na Biblioteca do instituto, o 28 de maio, ás 11:20, nun breve acto, condicionado polas medidas anti-COVID-19.
A edición do libro cos textos premiados estará acompañada de ilustracións que realizará o alumnado do Bacharelato de Artes e que presentaremos no seu momento.
A seguir os textos premiados (o cartel da portada é obra de Sara Capiscol Pérez):
Moitos parabéns!
martes, 2 de marzo de 2021
Marela para "Senlleiras" e o 8 de marzo
Aproveitando a celebración do 8 de marzo (Día Internacional da Muller), editamos unha nova Guía de lectura, a nº 18, que se corresponde coa Marela nº 29, dedicada neste caso á novela de Antía Yáñez Senlleiras, que en palabras de Ana Novo Cuñarro (alumna do 1º de Bacharelato e integrante do Club de Lectura), nos presenta dúas historias que non coinciden na época cronolóxica, mais si na mensaxe a transmitir: a opresión do patriarcado na vida de calquera muller... Unha voz que nos recorda que non está todo ben e que a loita polos nosos dereitos como persoas continúa día tras día, na escola, no traballo, na casa. Así, a través dos pensamentos das dúas mulleres reflectidos ao longo da obra, amósasenos aquilo que a nosa atarefada vida social e a falsidade das redes sociais silencia cada vez máis.
xoves, 25 de febreiro de 2021
Día de Rosalía . Compartindo poemas
Poemas para compartir resultou todo un éxito de participación e as carteiras e os carteiros non daban feito a repatir os poemas rosalianos que unha gran porcentaxe de alumnado dedicou a aquela persoa da comunidade educativa que quixer: compañeiros/as, profesorado, persoal non docente...
Sen dúbida un día moi rosaliano, do que deixamos constancia gráfica, con vídeo e fotos de Daniel Santalla para DZ Dixital:
![]() |
| A caixa do correo na que se depositaron as cartas poéticas |
![]() |
| As cartas ordenadas por cursos, ou profesorado ou..., agardando ser repartidas |
![]() |
| Carme, impulsora da actividade rosaliana |
![]() |
| As carteiras e os carteiros antes do reparto |
![]() |
| Entregando o correo para repartir |
![]() |
| As cartas poéticas xa case están todas en mas das/dos carteiras/os |
martes, 23 de febreiro de 2021
Día de Rosalía
Celebramos o Día de Rosalía coa actividade "Poemas para compartir". Que mellor agasallo que un poema de Rosalía!
E como complemento á actividade propoñemos:
1. Canto sabes de Rosalía? Xogo didáctico suxerido por GCiencia a base de preguntas sobre Rosalía. Animádevos, a ver se as atinades todas.
2. Ler o Manifesto da AELG no Día de Rosalía de Castro 2021.
3. Un paseo literario pola Compostela de Rosalía en Nósdiario.gal.
4. Rexurdimente : Vídeo que o grupo De Vacas vén de publicar nas redes sociais ás portas do Día de Rosalía e do 8M. Un encontro entre Rosalía (a nosa) e Rosalía (a outra) en base a "Malamente". A seguir o vídeo:





















