Blog do Departamento de Lingua galega do IES Ramón Mª Aller Ulloa
luns, 4 de maio de 2020
Programación de Lingua galega e Literatura. Curso 2019-2020. Modificacións
A causa da COVID-19 e seguindo as instrucións das autoridades educativas damos cumprida información e publicidade das Modificacións introducidas na Programación de Lingua galega e Literatura, curso 2019-2929.
mércores, 29 de abril de 2020
Nova prórroga do VII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada
Dada
a prolongada situación de confinamento por mor da COVID-19 e debido ao
feito de non poder volver ata setembro ás aulas, o IES Ramón Mª Aller
Ulloa acorda prorrogar ata o 31 de outubro o prazo de admisión de
traballos a presentar ao VII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada de
poesía, relato curto e sketch teatral, dirixido ao alumnado de ensino
secundario, ciclos formativos de grao medio e FPB matriculados en
centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Preme no cartel para ler as bases da convocatoria.
Preme no cartel para ler as bases da convocatoria.
mércores, 25 de marzo de 2020
Poemas para un xantar
Sermos poetas 5 dedica unha pequena antoloxía ao Cocido lalinense con catro Poemas para un xantar de carácter satírico, uns, e afervoadamente intimistas, outros; e que nos fan lembrar que non hai moito andabamos ceibes polas rúas de festa en festa. Un motivo máis para agardar un pronto reencontro.
A coordinación correu a cargo do profesor Suso Amboaxe, a creativade textual foi obra de David Fernández Porral, Ana Fuentes González, Sonia Senra Trigás e Aitor Gil Rodríguez; mentres que as ilustracións son de Sofía Gil Madriñán.
Parabéns a todas e a todos polo magnífico traballo.

luns, 23 de marzo de 2020
Prorrogado o VII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada
Dada a situación de confinamento por mor da COVID-19. o IES Ramón Mª Aller Ulloa acorda prorrogar ata o 30 de abril o
prazo de admisión de traballos a presentar ao VII Concurso Literario Mª
Vitoria Taboada de poesía, relato curto e sketch teatral, dirixido ao
alumnado de ensino secundario, ciclos formativos de grao medio e FPB
matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Animádevos a participar como un momento de lecer creativo no ámbito da corentena.
Preme no cartel para ler as bases da convocatoria.
Preme no cartel para ler as bases da convocatoria.
Tamén podes baixar as bases en PDF
sábado, 21 de marzo de 2020
Día Mundial da Poesía
Hoxe, 21 de marzo, celebramos o Día Mundial da Poesía,
e nós queremos sumarnos á conmemoración lembrando uns versos de
resistencia de Celso Emilio Ferreiro do poema ´Limiar' do libro Viaxe ao país dos ananos:
A xeito do S.O.S.
falo na madrugada:
Pechai tódalas portas
e que xa ninguén saia.
E cun videopoema realizado pola alumna Lía Montoto Presas de 4º de ESO, baseado no poema 'Bando' de Manuel María do libro "Documentos personaes".
Agardamos que guste e que sirva un chisco de compañía nestas horas de encerro solidario.

domingo, 1 de marzo de 2020
Marela para "O xardineiro dos ingleses"
Xa temos a disposición do alumnado unha nova Guía de lectura, a nº 16,
que se corresponde coa Marela nº 27, dedicada neste caso á novela de
Marcos Calveiro O xardineiro dos ingleses.
Lembrade que podedes descargala en PDF.
Para máis información visitade a Wikirmau.
Lembrade que podedes descargala en PDF.
Para máis información visitade a Wikirmau.
luns, 24 de febreiro de 2020
Día de Rosalía
Celebramos o Día de Rosalía lembrando o "Nós cantar cantamos", escolla poética de trinta e seis poemas de trinta e seis mulleres, ilustrados no seu momento por alumnado de Artes de 2º de Bacharelato, como ramo ao ano de Rosalía (2013).
Preme na imaxe para visualizar o libro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)