mércores, 20 de novembro de 2019

Día de Neira Vilas

O noso centro, como tantos outros, tamén se quixo sumar á iniciativa da Fundación Xosé Neira Vilas de celebrar e institucionalizar o día 3 de novembro como "Día de Xosé Neira Vilas", ao abeiro da conmemoración do seu nacemento, coa elaboración de dúas curtas baseadas en relatos de Memorias dun neno labrego, e realizadas por alumnado de 3º ESO, coordinados polo profesor Suso Amboage.
"Retrincos de Memorias dun neno labrego" foi o título escollido:

venres, 8 de novembro de 2019

VII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada

O Instituto Ramón Mª Aller Ulloa convoca o VII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada de poesía, relato curto e sketch teatral, dirixido ao alumnado de ensino secundario, ciclos formativos de grao medio e FPB matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Preme no cartel, obra da alumna de 2º de Bacharelato de Artes Noelia Vázquez Val, para ler as bases da convocatoria.

https://issuu.com/marelatarabela/docs/concurso_vitoria_convocatoria_2020_bases
Tamén podes baixar as bases en PDF



domingo, 6 de outubro de 2019

mércores, 18 de setembro de 2019

Programación de Lingua galega e Literatura

Xa podedes consultar a Programación didáctica de Lingua galega e Literatura para o curso 2019-2020, para iso preme aquí.

martes, 18 de xuño de 2019

Videopoemas Sermos poetas 4. 4º ESO. Curso 2018-2019

Un ano máis o alumnado de 4º de ESO mergullouse na marabillosa tarefa de amosar a súa vea artística a través da elaboración dun mangado de poemas visuais que a seguir podemos desfrutar. 
Os noso parabéns a todas e a todos polo seu ben facer e entusiasmo.








luns, 17 de xuño de 2019

Sermos poetas 4

Un ano maís o alumnado de 4º ESO dános mostra da súa habilidade para compoñer poemas.
A seguir o libro froito do seu bo facer literario, para ler con calma e repousar o ánimo. De novo parabéns para todas e todos. 



Ao fío do Encontro-homenaxe con Mario Pereira



Ao fío do Encontro-Homenaxe con Mario xorde esta Marela tan especial para nós.
Corría o ano 2006, cando Mario propuxo dotar de voz a Biblioteca, nace así o boletín  A Marela Tarabela, e nace coa emotiva carta É o cuarto dos ratos?, que Mario lle escribiu á Biblioteca.
Case catro anos despois da primeira Marela Tarabela, en decembro de 2006, e baixo o título Todas as Marelas, Mario deitaba no blog a seguinte reflexión: A Marela obedecía ao proxecto de transformación dunha biblioteca pasiva a unha biblioteca activa. Nese sentido, cumpriu, para nós, un papel moi importante: serviu para facer visible a Biblioteca ante a comunidade docente e tamén para que nós, o Equipo de Apoio, puideramos ver o noso traballo. Foron catro anos densos, moi densos, a por de información, formación e ferramentas que fomos descubrindo. Catro anos, catro séculos! Con todo, a Marela segue aí...
E agora comprácenos presentar o Extra nº 1, Marela para Mario, que serve de pequena homenaxe a quen foi o artífice da mesma como complemento perfecto á tarefa de Fozabibliotecas, como gusta  de chamarse Mario a si mesmo.
E neste momento de sentimentos encontrados, co gallo da súa xubilación, temos que sentirnos orgullos de seguir medrando ao abeiro de Mario, para manter vivo o seu reclamo:
Ven vindo...
Podededes descargala premendo na imaxe.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesallerulloa/system/files/Marela%20para%20Mario.pdf