domingo, 21 de febreiro de 2021

Día da Lingua Materna sen TikTok pero con Valentín e Xela Arias

 No marco da celebración do Día da Lingua Materna non está de máis denunciar políticas lingüísticas baseadas no neoliberalismo lingüístico e no uso recesivo das linguas minorizadas e/ou minoritarias como a levada a cabo por Tiktok ao impedir o uso da lingua galega na campaña da Xunta #aculturasegue para fomentar o consumo cultural a raíz do impacto no sector da pandemia. E nin a actitude compensatoria do DígochoEu e quen de modificar a consideración de lingua de segunda para o galego.

A seguir o vídeo censurado por usar a lingua galega:

 

E para compensar, o fermoso relato (recuperado pola RAG) de Valentín Arias Xeliña fala galego, no que narra a experiencia como nena criada en galego da súa filla Xela Arias, á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Preme na foto para ler o relato.

Xela Arias e o relato de seu pai, Valentín Arias. Xulio Gil / RAG


 


Ningún comentario:

Publicar un comentario