mércores, 20 de novembro de 2019

Día de Neira Vilas

O noso centro, como tantos outros, tamén se quixo sumar á iniciativa da Fundación Xosé Neira Vilas de celebrar e institucionalizar o día 3 de novembro como "Día de Xosé Neira Vilas", ao abeiro da conmemoración do seu nacemento, coa elaboración de dúas curtas baseadas en relatos de Memorias dun neno labrego, e realizadas por alumnado de 3º ESO, coordinados polo profesor Suso Amboage.
"Retrincos de Memorias dun neno labrego" foi o título escollido:

venres, 8 de novembro de 2019

VII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada

O Instituto Ramón Mª Aller Ulloa convoca o VII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada de poesía, relato curto e sketch teatral, dirixido ao alumnado de ensino secundario, ciclos formativos de grao medio e FPB matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Preme no cartel, obra da alumna de 2º de Bacharelato de Artes Noelia Vázquez Val, para ler as bases da convocatoria.

https://issuu.com/marelatarabela/docs/concurso_vitoria_convocatoria_2020_bases
Tamén podes baixar as bases en PDF



mércores, 18 de setembro de 2019

Programación de Lingua galega e Literatura

Xa podedes consultar a Programación didáctica de Lingua galega e Literatura para o curso 2019-2020, para iso preme aquí.

martes, 18 de xuño de 2019

Videopoemas Sermos poetas 4. 4º ESO. Curso 2018-2019

Un ano máis o alumnado de 4º de ESO mergullouse na marabillosa tarefa de amosar a súa vea artística a través da elaboración dun mangado de poemas visuais que a seguir podemos desfrutar. 
Os noso parabéns a todas e a todos polo seu ben facer e entusiasmo.








luns, 17 de xuño de 2019

Sermos poetas 4

Un ano maís o alumnado de 4º ESO dános mostra da súa habilidade para compoñer poemas.
A seguir o libro froito do seu bo facer literario, para ler con calma e repousar o ánimo. De novo parabéns para todas e todos. 



Ao fío do Encontro-homenaxe con Mario Pereira



Ao fío do Encontro-Homenaxe con Mario xorde esta Marela tan especial para nós.
Corría o ano 2006, cando Mario propuxo dotar de voz a Biblioteca, nace así o boletín  A Marela Tarabela, e nace coa emotiva carta É o cuarto dos ratos?, que Mario lle escribiu á Biblioteca.
Case catro anos despois da primeira Marela Tarabela, en decembro de 2006, e baixo o título Todas as Marelas, Mario deitaba no blog a seguinte reflexión: A Marela obedecía ao proxecto de transformación dunha biblioteca pasiva a unha biblioteca activa. Nese sentido, cumpriu, para nós, un papel moi importante: serviu para facer visible a Biblioteca ante a comunidade docente e tamén para que nós, o Equipo de Apoio, puideramos ver o noso traballo. Foron catro anos densos, moi densos, a por de información, formación e ferramentas que fomos descubrindo. Catro anos, catro séculos! Con todo, a Marela segue aí...
E agora comprácenos presentar o Extra nº 1, Marela para Mario, que serve de pequena homenaxe a quen foi o artífice da mesma como complemento perfecto á tarefa de Fozabibliotecas, como gusta  de chamarse Mario a si mesmo.
E neste momento de sentimentos encontrados, co gallo da súa xubilación, temos que sentirnos orgullos de seguir medrando ao abeiro de Mario, para manter vivo o seu reclamo:
Ven vindo...
Podededes descargala premendo na imaxe.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesallerulloa/system/files/Marela%20para%20Mario.pdf

venres, 14 de xuño de 2019

BD

No marco das actividades complementares da unidade "A banda deseñada", o alumnado de 3º ESO A elaborou unha serie de cómics, previa confección do guión correspondente, a través dos cales mostraron a súa creatividade.


Sirva como mostra esta pequena selección realizada pola profesora e coordinadora da actividade a compañeira María Fe Pérez García.
 

domingo, 26 de maio de 2019

Entrega de premios do VI Concurso Literario Mª Vitoria Taboada

O pasado xoves, 23 de maio, tivo lugar na Biblioteca o acto de entrga de premios do VI Concurso Literario Mª Vitoria Taboada.
O acto foi presentado por Nuria García Pardo, alumna de 3º ESO, e Rubén Fontán Taboada, alumno de 4º ESO; e contou co acompañamento musical de Lía Montero Presas, ao violín; e Marta García Méndez, ao piano; alumnas do centro.
De novo os nosos parabéns ás persoas premiadas: Alba Lugo Rey, Ainhoa Pereira García e Breixo Rivas Fernández.
Deseguido as fotos do evento:










A seguir podedes consultar o programa do acto:

Ao fío do Encontro con Héctor Cajaraville

O pasado martes 14 de maio, tivo lugar na Biblioteca un Encontro con Héctor Cajaraville ao fío do seu libro O segredo da casa de Formoso, no que participou o alumnado de 3º ESO.

O acto foi presentado por Marta García Méndez, Nuria García Pardo e Breixo Pereira Gaiteiro, alumnado de 3º ESO.

A seguir unhas fotografías do evento.



domingo, 19 de maio de 2019

VI Concurso Mª Vitoria Taboada: Acto de entrega dos premios

O próximo xoves, 23, terá lugar na Biblioteca o acto de entrega de premios do VI Concurso literario Mª Vitoria Taboada.

martes, 14 de maio de 2019

Encontro con Héctor Cajaraville

Hoxe martes, 14 de maio, terá lugar na Biblioteca do centro un Encontro con Héctor Cajaraville ao fío da lectura da novela O segredo da casa de Formoso, por parte do alumnado de 3º ESO.
 Lembrade que tedes á vosa disposición unha guía de lectura en PDF.

xoves, 2 de maio de 2019

VI Concurso literario Mª Vitoria Taboada: os premios

Xa temos gañadores do VI Concurso literario Mª Vitoria Taboada: 

Na categoría de relato curto resultou gañador BREIXO RIVAS FERNÁNDEZ polo relato presentado baixo o lema “O voo 3623”; o xurado valorou especialmente a orixinalidade da historia, exposta cunha coidada construción narrativa e cun uso preciso das descricións que te somerxen nos escenarios da mesma.

Nesta categoría de relato curto o xurado considerou outorgar dous accésits:
Accésit para ALBA LUGO REY por “A caída luar”, pola brillante mestura de realidade e mito nunha narración suxestiva grazas á súa coidada precisión léxica e sintáctica.

Accésit para AINHIA PEREIRA GARCÍA polo relato titulado “O repartidor de xornais”, pola valentía na expresión dunha historia dura que te fai partícipe da crueldade dunha realidade que, con todo, deixa un final aberto á esperanza.

O xurado considerou deixar deserto os premios de poesía e sketch teatral.

O 23 de maio, ás 12:00, terá lugar o acto de entrega dos premios na biblioteca do instituto.
http://tarabelateca.blogspot.com/2019/05/vi-concurso-literario-m-vitoria-taboada.html
 Para ler os relatos premiados preme na imaxe.

sábado, 30 de marzo de 2019

Marela para "O segredo da casa de Formoso"

Xa temos connosco unha nova Guía de lectura, a nº 15, que se corresponde coa Marela nº 26, neste caso a guía d' O segredo da casa de Formoso de Héctor Cajaraville.

Xa sabedes que podedes descargala en PDF.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesallerulloa/system/files/O%20segredo%20da%20casa%20de%20Formoso_Gu%C3%ADa.pdf

mércores, 13 de febreiro de 2019

Somos

Unha vez máis o alumnado de 4º de ESO dános unha lección de sinceridade en canto aos seus gustos a través dunha sentida descrición etopeica feita con moito entusiasmo.
A seguir a correspondente a este curso 2018-2019:
4º ESO C

4º ESO B

4º ESO A

domingo, 3 de febreiro de 2019

Microrrelatos e aforismos III

Xa temos connosco a nova colleita de "Microrrelatos e aforismos", a III. A achega deste curso amósanos unha vez máis a capacidade para crear microhistorias do alumnado.
Parabéns a todas e a todos e que desfrutes da súa lectura.

sábado, 5 de xaneiro de 2019

V Concurso literario Mª Vitoria Taboada. O libro 2018

Xa podemos desfrutar do libro dixital cos textos premiados no V Concurso Literario Mª Vitoria Taboada, acompañados das ilustracións realizadas por Mariana Albarenque Gelos, Noa Blanco González, Ana García Lois, Sofía Jorge Liñares, Cristina Polo Pernas e Ainhize Sixto Sánchez; alumnas de 2º do Bacharelato de Artes; e do noso compañeiro Sebas Anxo. A capa e a contracapa son de Julieta Itatí Penas Noce, e a maquetaxe é de Sebas Anxo.