xoves, 2 de maio de 2019

VI Concurso literario Mª Vitoria Taboada: os premios

Xa temos gañadores do VI Concurso literario Mª Vitoria Taboada: 

Na categoría de relato curto resultou gañador BREIXO RIVAS FERNÁNDEZ polo relato presentado baixo o lema “O voo 3623”; o xurado valorou especialmente a orixinalidade da historia, exposta cunha coidada construción narrativa e cun uso preciso das descricións que te somerxen nos escenarios da mesma.

Nesta categoría de relato curto o xurado considerou outorgar dous accésits:
Accésit para ALBA LUGO REY por “A caída luar”, pola brillante mestura de realidade e mito nunha narración suxestiva grazas á súa coidada precisión léxica e sintáctica.

Accésit para AINHIA PEREIRA GARCÍA polo relato titulado “O repartidor de xornais”, pola valentía na expresión dunha historia dura que te fai partícipe da crueldade dunha realidade que, con todo, deixa un final aberto á esperanza.

O xurado considerou deixar deserto os premios de poesía e sketch teatral.

O 23 de maio, ás 12:00, terá lugar o acto de entrega dos premios na biblioteca do instituto.
http://tarabelateca.blogspot.com/2019/05/vi-concurso-literario-m-vitoria-taboada.html
 Para ler os relatos premiados preme na imaxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario