O noso centro, como tantos outros, tamén se quixo sumar á iniciativa da Fundación Xosé Neira Vilas de
celebrar e institucionalizar o día 3 de novembro como "Día de Xosé
Neira Vilas", ao abeiro da conmemoración do seu nacemento, coa
elaboración de dúas curtas baseadas en relatos de Memorias dun neno labrego, e realizadas por alumnado de 3º ESO, coordinados polo profesor Suso Amboage.
"Retrincos de Memorias dun neno labrego" foi o título escollido:
Blog do Departamento de Lingua galega do IES Ramón Mª Aller Ulloa
mércores, 20 de novembro de 2019
venres, 8 de novembro de 2019
VII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada
O Instituto Ramón Mª Aller Ulloa convoca o VII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada de poesía, relato curto e sketch teatral, dirixido ao alumnado de ensino secundario, ciclos formativos de grao medio e FPB matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Preme no cartel, obra da alumna de 2º de Bacharelato de Artes Noelia Vázquez Val, para ler as bases da convocatoria.
Tamén podes baixar as bases en PDF
Preme no cartel, obra da alumna de 2º de Bacharelato de Artes Noelia Vázquez Val, para ler as bases da convocatoria.
Tamén podes baixar as bases en PDF
domingo, 6 de outubro de 2019
Plan específico de recuperación de pendentes e Plan de seguimento ao alumnado repetidor
Como separata á Programación didáctica de Lingua galega e Literatura podedes consultar o Plan de recupereción de pendentes e o Plan de seguimento ao alumnado repetidor para o curso 2019-2020. Para iso preme no texto resaltado.
mércores, 18 de setembro de 2019
Programación de Lingua galega e Literatura
Xa podedes consultar a Programación didáctica de Lingua galega e Literatura para o curso 2019-2020, para iso preme aquí.
martes, 18 de xuño de 2019
Videopoemas Sermos poetas 4. 4º ESO. Curso 2018-2019
Un ano máis o alumnado de
4º de ESO mergullouse na marabillosa tarefa de amosar a súa vea artística a
través da elaboración dun mangado de poemas visuais que a seguir podemos
desfrutar.
Os noso parabéns a todas e a todos polo seu ben facer e entusiasmo.
luns, 17 de xuño de 2019
Sermos poetas 4
Un ano maís o alumnado de 4º ESO dános mostra da súa habilidade para compoñer poemas.
A seguir o libro froito do seu bo facer literario, para ler con calma e repousar o ánimo. De novo parabéns para todas e todos.
A seguir o libro froito do seu bo facer literario, para ler con calma e repousar o ánimo. De novo parabéns para todas e todos.
Ao fío do Encontro-homenaxe con Mario Pereira
Ao fío do
Encontro-Homenaxe con Mario xorde esta Marela
tan especial para nós.
Corría o ano
2006, cando Mario propuxo dotar de voz a Biblioteca, nace así o
boletín A Marela Tarabela, e
nace coa emotiva carta É o cuarto dos ratos?, que Mario lle escribiu á Biblioteca.
Case catro anos despois da primeira
Marela Tarabela, en decembro de 2006, e baixo o título Todas as Marelas, Mario deitaba no blog a seguinte
reflexión: A
Marela obedecía ao proxecto de transformación dunha biblioteca pasiva a unha
biblioteca activa. Nese sentido, cumpriu, para nós, un papel moi importante:
serviu para facer visible a Biblioteca ante a comunidade docente e tamén para
que nós, o Equipo de Apoio, puideramos ver o noso traballo. Foron catro anos
densos, moi densos, a por de información, formación e ferramentas que fomos
descubrindo. Catro anos, catro séculos! Con todo, a Marela segue aí...
E agora
comprácenos presentar o Extra nº 1, Marela para Mario, que serve de
pequena homenaxe a quen foi o artífice da mesma como complemento perfecto á
tarefa de Fozabibliotecas, como gusta de
chamarse Mario a si mesmo.
E neste momento
de sentimentos encontrados, co gallo da súa xubilación, temos que sentirnos
orgullos de seguir medrando ao abeiro de Mario, para manter vivo o seu reclamo:
Ven
vindo...
Podededes descargala premendo na imaxe.
venres, 14 de xuño de 2019
BD
No marco das actividades complementares da unidade "A banda deseñada", o alumnado de 3º ESO A elaborou unha serie de cómics, previa confección do guión correspondente, a través dos cales mostraron a súa creatividade.
Sirva como mostra esta pequena selección realizada pola profesora e coordinadora da actividade a compañeira María Fe Pérez García.
Sirva como mostra esta pequena selección realizada pola profesora e coordinadora da actividade a compañeira María Fe Pérez García.
domingo, 26 de maio de 2019
Entrega de premios do VI Concurso Literario Mª Vitoria Taboada
O pasado xoves, 23 de maio, tivo lugar na Biblioteca o acto de entrga de premios do VI Concurso Literario Mª Vitoria Taboada.
O acto foi presentado por Nuria García Pardo, alumna de 3º ESO, e Rubén Fontán Taboada, alumno de 4º ESO; e contou co acompañamento musical de Lía Montero Presas, ao violín; e Marta García Méndez, ao piano; alumnas do centro.
De novo os nosos parabéns ás persoas premiadas: Alba Lugo Rey, Ainhoa Pereira García e Breixo Rivas Fernández.
Deseguido as fotos do evento:
O acto foi presentado por Nuria García Pardo, alumna de 3º ESO, e Rubén Fontán Taboada, alumno de 4º ESO; e contou co acompañamento musical de Lía Montero Presas, ao violín; e Marta García Méndez, ao piano; alumnas do centro.
De novo os nosos parabéns ás persoas premiadas: Alba Lugo Rey, Ainhoa Pereira García e Breixo Rivas Fernández.
Deseguido as fotos do evento:
A seguir podedes consultar o programa do acto:
Powered by
Issuu
Publish for Free
Ao fío do Encontro con Héctor Cajaraville
O
pasado martes 14 de maio, tivo lugar na Biblioteca un Encontro con Héctor Cajaraville ao fío do seu libro O segredo da casa de Formoso, no que participou o alumnado de 3º ESO.
O acto foi presentado por Marta García Méndez, Nuria García Pardo e Breixo Pereira Gaiteiro, alumnado de 3º ESO.
A seguir unhas fotografías do evento.domingo, 19 de maio de 2019
VI Concurso Mª Vitoria Taboada: Acto de entrega dos premios
martes, 14 de maio de 2019
Encontro con Héctor Cajaraville
Hoxe martes, 14 de maio, terá lugar na Biblioteca do centro un Encontro con Héctor Cajaraville ao fío da lectura da novela O segredo da casa de Formoso, por parte do alumnado de 3º ESO.
Lembrade que tedes á vosa disposición unha guía de lectura en PDF.
Lembrade que tedes á vosa disposición unha guía de lectura en PDF.
xoves, 2 de maio de 2019
VI Concurso literario Mª Vitoria Taboada: os premios
Xa temos
gañadores do VI Concurso literario Mª Vitoria Taboada:
Na categoría de relato curto resultou gañador BREIXO RIVAS FERNÁNDEZ polo relato presentado baixo o lema
“O voo 3623”; o xurado valorou especialmente a orixinalidade da
historia, exposta cunha coidada construción narrativa e cun uso preciso
das descricións que te somerxen nos escenarios da mesma.
Nesta categoría de relato curto o xurado considerou
outorgar dous accésits:
Accésit para ALBA LUGO REY por “A caída luar”, pola brillante mestura de realidade e mito nunha narración suxestiva grazas á súa coidada precisión léxica e sintáctica.
Accésit para ALBA LUGO REY por “A caída luar”, pola brillante mestura de realidade e mito nunha narración suxestiva grazas á súa coidada precisión léxica e sintáctica.
Accésit para AINHIA PEREIRA GARCÍA polo
relato titulado “O repartidor de xornais”,
pola valentía na expresión dunha
historia dura que te fai partícipe da crueldade dunha realidade que,
con todo, deixa un final aberto á esperanza.
O xurado considerou deixar deserto os premios de poesía e sketch
teatral.
O 23 de maio, ás 12:00, terá lugar o acto de entrega
dos premios na biblioteca do instituto.
Para ler os relatos premiados preme na imaxe.
sábado, 30 de marzo de 2019
Marela para "O segredo da casa de Formoso"
Xa temos connosco unha nova Guía de lectura, a nº 15, que se corresponde coa Marela nº 26, neste caso a guía d' O segredo da casa de Formoso de Héctor Cajaraville.
Xa sabedes que podedes descargala en PDF.
Xa sabedes que podedes descargala en PDF.
mércores, 13 de febreiro de 2019
Somos
Unha vez máis o alumnado de 4º de ESO dános unha lección de sinceridade en canto aos seus gustos a través dunha sentida descrición etopeica feita con moito entusiasmo.
A seguir a correspondente a este curso 2018-2019:
4º ESO C
4º ESO B
4º ESO A
A seguir a correspondente a este curso 2018-2019:
4º ESO C
4º ESO B
4º ESO A
domingo, 3 de febreiro de 2019
Microrrelatos e aforismos III
Xa temos connosco a nova colleita de "Microrrelatos e aforismos", a III. A achega deste curso amósanos unha vez máis a capacidade para crear microhistorias do alumnado.
Parabéns a todas e a todos e que desfrutes da súa lectura.
Parabéns a todas e a todos e que desfrutes da súa lectura.
sábado, 5 de xaneiro de 2019
V Concurso literario Mª Vitoria Taboada. O libro 2018
Xa podemos desfrutar do libro dixital cos textos premiados no V Concurso Literario Mª Vitoria Taboada, acompañados das ilustracións realizadas por Mariana Albarenque Gelos, Noa Blanco González, Ana García Lois, Sofía Jorge Liñares, Cristina Polo Pernas e Ainhize Sixto Sánchez; alumnas de 2º do Bacharelato de Artes; e do noso compañeiro Sebas Anxo. A capa e a contracapa son de Julieta Itatí Penas Noce, e a maquetaxe é de Sebas Anxo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)